En portadaÚltima hora

A Bouza (Viana do Bolo), zona cero das fortes choivas e dos arrastres das zonas queimadas

Percorrido en imaxes por esta aldea que loita por recuperarse tras un desastre sen precedentes

 

Entre as zonas especialmente castigadas polas fortes choivas e os arrastres das zonas afectadas polos lumes do pasado verán está  a aldea da Bouza, no municipio de Viana do Bolo. A súa praza está cuberta de cantidade de pedras, escombros e terras, que chegan a cubrir ata unha altura de case 3 metros, tal e como relataba ao Periódico O Sil, un dos veciños, que chegou a temer pola súa vida e pola do seu fillo.

 

 

Coches aplastados e semienterrados entre as pedras, e mesmo o letreiro da entrada, dobrado e case tapado. Un panorama que impacta e sobrecolle, con estradas desaparecidas e rochas de grandes toneladas esparexidas por doquier.. Tamén resultaba moi afectadas outras zonas da chaira vianesa como Pradocabalos, O Castro ou Vilaseco da Serra e Pixeiros.

Nesta galería poden verse algunhas das desoladoras imaxes desta catástrofe que o alcalde vianés describía deste xeito: “É como se pasase un tsunami”. Un desastre dunha enorme magnitude e nunca visto ata agora.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button