DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

O Rúa Valdeorras FSF suma unha nova Copa Deputación e pecha unha gran tempada

 

Unha nova e relucinte Copa Deputación loce xa na vitrina do Rúa Valdeorras FSF. O equipo valdeorrés que tras unha gran tempada na liga regular, proclamábase campión do trofeo provincial desta tempada.

En semifinais, as rapazas de Jovito vencían ao Verín, 0-1 no partido de ida e 5-2 no de volta, enfrontándose na final ao Atlético Arnoia “B”, no pavillón municipal de Ribadavia, nun partido de infarto ao que acudía moita da afeccións valdeorresa, fiel ao equipo ata o final.

 

 

O partido poñíase de contra para o Rúa co primeiro gol local no minuto 3 e as cousas empeoraban dous minutos despois co segundo. No 18′ Carlota recurtaba distancias cun gol para as amarelas e, aínda que no 24 volvían anotar as do Arnoia, a partir de aí as valdeorresas saíron a por todas dándolle a volta ao marcador.

Nunha contra Sabela poñía o 3-2, Anxela empataba no minuto 32 e Leti marcaba outros dous tantos (no 37′ e no 44′). Gisela marcaba o sexto para o Rúa e as locais volvían anotar no minuto 48, quedando sen tempo para máis. Ao final 3-6 no marcador e as valdeorresas campioas de Copa.

Unha Copa que chegaba vén entrada á noite á estación de autobuses da Rúa.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button