EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata musical na Adega Blare de Vilanova (O Barco), este xoves 25 de xuño, no marco do X aniversario do SilFest Valdeorras

Asistentes a unha actividade na Adega Blare de Vilanova./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúan as actividades enmarcadas na celebración do décimo aniversario do SilFest Valdeorras que se celebrará a comezos de xullo.

A primeira, San Xoan SilFest, será este mesmo martes 23 de xuño celebrando a noite máis máxica do ano no paseo do Malecón cos artistas locais El Patio de Leni e Repunante Dj.

E a segunda, As Notas de Blare, será o xoves día 25 ás 20h. na Adega Blare de Vilanova (O Barco de Valdeorras) onde terá lugar unha cata musical que tanto gustan á organización do festival, contando nesta ocasión, con dúas artistas locais: a  enóloga Cecilia Fernández e a cantante membro de AMAVA Nerea Jiménez,

A inscrición é gratuita e as prazas están a punto de esgotarse.

 

Back to top button