EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello de Viana informa dunha liña de axudas de Interior para situacións de necesidade derivadas de emerxencias ou catástrofes

 

O Concello de Viana do Bolo vén de informar da existencia dunha liña de axudas do Ministerio do Interior destinadas a paliar danos privados e materiais, así como situacións de necesidade derivadas de emerxencias, sinistros ou catástrofes.

Tamén se indica que as solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes desde a finalización do feito causante, acompañadas da documentación acreditativa correspondente e de conformidade cos requisitos, condicións e procedemento establecidos na normativa vixente.

A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos do que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas.

Estas subvencións serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións ou axudas ata o límite do valor do dano producido.

Máis información nos Servizos Sociais do Concello de Viana do Bolo: 988 32 92 60 ou na seguinte ligazón:

https://www.boe.es/boe/dias/2008/02/12/pdfs/A07365-07384.pdf

Back to top button