EconomíaEconomíaÚltima hora

Ruta polas areeiras da Limia

 

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá nunha polas Areeiras da Limia, un espazo destinado ao aproveitamento areeiro para a fabricación de formigóns hidráulicos e construción en xeral. Alí destacou o valor estratéxico que ten o patrimonio mineiro de Galicia e avogou polo seu aproveitamento como vantaxe competitiva para impulsar o liderado do sector.

Tamén lembrou que un dos obxectivos estratéxicos da Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia 2030 pretende acadar a integración ambiental, impulsar a economía circular e poñer en valor o patrimonio mineiro galego.

Na visita, Fernández Vila, representantes da Cámara Oficial Mineira de Galicia e demais participantes, observaron as numerosas explotacións mineiras onde se extrae area de alta calidade e os ocos creados por esta actividade convertidos en lagoas cun alto valor ecolóxico.

Back to top button