CulturaCulturaÚltima hora

Nova edición das “Noites de Cine” ao aire libro no Barco de xullo a agosto

Foto: O SIL.

 

Entre os meses de xullo e agosto desenvolveranse, un ano máis, proxeccións cinematográficas ao aire libre no Barco, centro do programa “Noites de Cine”. Serán en horario de 22:30 ou 22:45 horas na praza Maior da vila.

O ciclo inclúe 10 películas de cine comercial de gran formato, dirixidas a público adulto e familiar, con títulos como “Wolfgang”, “¿Quién es quién?”, “Sonic 3”, “Una película de Minecraft”, “Los Pitufos”, “Padre no hay más que uno 5”, “La Cena” e “Un like de Bob Trevino”.

Ademais, poderá verse o filme “Mary Poppins” o venres 3 de xullo, e “¡Canta! 2!” o sábado 4 de xullo, ámbalas dúas en horario de 22:30 horas, cuxa localización será no recinto do festival SilFest Valdeorras.

Así mesmo, o xoves 30 de xullo ás 22:30 horas, terá lugar a charla divulgativa “Eclipses no cinema”, que será impartida polo recoñecido crítico, programador e produtor de cinema galego, Martin Pawley, que ademais distínguese como un activo divulgador científico no ámbito da astronomía.

Esta programación será promovida pola Concellería de Cultura e no caso da devantida charla, a actividade contará coa colaboración da Consellería de Turismo.

 

Back to top button