“Cando se está terminando unha actuación adoitamos dicir que todo na vida ten un final, pero nesta ocasión só é un ata pronto”, aseguran dende AMAVA que vén de pechar o ciclo dos exitosos talleres de cando que retomarán despois do verán para seguir aprendendo e desfrutando da música con María Menéndez que na pasada fin de semana impartía a última clase da tempada.
“Hai que ir pensando en reservar praza para o próximo curso porque se aveciñan importantes novidades e sorpresas”, anuncian dende AMAVA, destacando que sobre todo haberá “bo humor e moito que aprender”. As prazas son limitadas por iso os interesados deben ir pensado en contactar e non deixar pasar esta oportunidade que brindan dende a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras.
Fotos cedidas.

