PolíticaÚltima hora

O PP do Barco pedirá no pleno “a ampliación, transformación e integración da piscina municipal” da vila

 

No vindeiro pleno do Barco, previsto para o 2 de xullo, o grupo municipal do PP defenderá unha moción para pedir a “ampliación, transformación e integración da piscina municipal” da localidade. Para os populares “a piscina municipal xa non responde á realidade do Barco. Unha vila que exerce como cabeza de comarca e concentra boa parte dos servizos, a actividade comercial e a oferta de lecer da comarca non pode conformarse cunhas instalacións concibidas para as necesidades de fai corenta anos. A poboación evolucionou, as necesidades das familias cambiaron e también fixérono as expectativas dos usuarios. Con todo, a piscina municipal apenas evolucionou más allá de actuacións puntuais de mantemento”.

A iso súmase, segundo expón o PP na súa moción, “a progresiva deterioración de distintos elementos do recinto. As queixas trasladadas por numerosos usuarios durante as últimas tempadas poñen de manifesto unha realidade que non pode seguir normalizándose: pintadas, pavimentos cunha deficiente conservación e limpeza, danos en vestiarios e aseos, duchas con problemas de funcionamento, mobiliario envellecido e outros elementos deteriorados proxectan unha imaxe impropia dunha instalación pública.

Así, na súa moción, o PP plantexa así mesmo que “o verdadeiro problema vai moito más allá do estado da piscina. O preocupante é a ausencia dun proxecto. Resulta difícil comprender que un municipio privilexiado por contar co río Sil e co Paseo do Malecón como un dos seus maiores atractivos continúe desaproveitando a oportunidade de integrar ambos os espazos e crear un gran espazo público que sirva de referencia para toda a comarca”.

Neste senso, o grupo municipal do PP do Barco conclúe a súa moción propoñendo ao pleno da Corporación os seguintes acordos:

“Primeiro. Redactar un proxecto integral de ampliación, transformación e integración da piscina municipal, que contemple o incremento da superficie do recinto, a modernización das súas instalacións, a mellora da accesibilidade, o aumento das zonas de estancia e sombra, a incorporación de elementos que garantan unha maior privacidade para os usuarios e o seu integración funcional e paisajística coa contorna do río Sil e do Paseo do Malecón.

Segundo. Executar, con carácter urxente, un plan extraordinario de mantemento e acondicionamento da piscina municipal que inclúa a eliminación de pintadas, a limpeza integral do recinto, a reparación ou sustitución dos elementos deteriorados, a revisión e posta a piques de vestiarios, aseos e duchas, así como todas aquelas actuacións necesarias para garantir unhas adecuadas condicións de salubridade, seguridade, conservación e imaxe das instalacións.

Terceiro. Adoptar, con urxencia, as medidas necesarias para incrementar as zonas de sombra mediante arboredo, elementos de protección solar ou outras solucións técnicas adecuadas, así como incorporar cerramentos vexetais ou outros elementos que melloren a privacidade dos usuarios”.

Fotos cedidas polo grupo municipal do PP.

 

Back to top button