CulturaCulturaÚltima hora

Os museos quirogueses amplían o seu horario de apertura durante no verán

 

O Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de Quiroga comezaban neste 1 de xullo co seu horario de verán, un horario de apertura máis amplo do habitual. A participación do Concello de Quiroga no programa servizo de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia, permite abrir os museos deste municipio durante o meses de xullo e agosto de luns a venres de 10 a 14 h. Os sábados, domingos e festivos o Museo Xeolóxico abre de 11 a 12 h. E o Museo etnográfico de 12 a13 h.

Ademais, calquera día e a calquera hora, visitas guiadas para grupos de 10 ou máis persoas, en visitas concertadas previa cita no teléfono 982435125 ou no enderezo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

A maiores, dentro do programa de dinamización turística do Concello de Quiroga: “Descubrir Quiroga”, que conta co financiamento da Deputación Provincial de Lugo, levarase a cabo, o domingo, día 2 de agosto: “Aventura en familia”. Nesta actividade, a primeira parte consiste nunha visita ao Museo Xeolóxico con dinámicas para nenos e nenas.

As persoas interesadas nesta última actividade poden anotarse ou recibir máis información en: turismo.quiroga@eidolocal.es ou no teléfono 982435125.

Para coñecer máis sobre os museos quirogueses pódese visitar a  páxina www.museosquiroga.org

 

Back to top button