EconomíaEconomíaÚltima hora

A tenda barquense O Bambán dos Sorrisos cambia de ubicación e amplía o seu catálogo de roupa e complementos

 

O proxecto de O Bambán dos Sorrisos inicia unha nova etapa. Este establecemento do Barco, ata agora centrado na moda infantil e xuvenil, estreaba na tarde deste 1 de xullo un novo local. Así, deixa a súa anterior ubicación na praza de Andrés de Prada para situarse na céntrica avenida Marcelino Suárez, número 18. E ademais faino ampliando o seu catálogo de produtos e o seu espazo.

 

 

Trátase dunhas instalacións renovadas nas que este establecemento achega a súa ampla gama de prendas para nenos e nenas e tamén para mozos e mozas (roupa dende bebé ata os 18 anos), pero tamén roupa interior para todas idades (tanto para muller como para cabaleiro), lencería, calcetíns e pixamas, ademais de bolsos, maletas e diversos complementos.

A tenda inauguraba o seu novo local a partir das 19h. e agasallaba a súa clientela con petiscos e bebidas.

Fotos: A.R.

 

 

Back to top button