EconomíaEconomíaÚltima hora

Á entradas para a cea popular do CarnaVrao 2026, na Rúa, estarán á venda ata o 8 de xullo

Asistentes á Cea Popular do CarnaVrao, na Rúa, o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa ten en marcha unha nova edición do CarnaVrao que se celebrará os días 10 e 11 de xullo.

O programa arrincará o venres día 10 ás 20 horas coa misa na honra de San Cristovo e a bendición de coches; e continuará coa Cea Popular ás 22:30 horas na rúa Doutor Vila, onde se sortearán 500 euros. As entradas (25 euros) están á venda ata o 8 de xullo en Repsol Butano A Rúa. Nesta ocasión “non se fan reservas nin se admiten devolucións”, aseguran dende a asociación.

Ao día seguinte, sábado 11 de xullo será o desfile de comparsas que sairá dende o Campogrande ás 20 horas.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Back to top button