O pasado sábado 27 de xuño a localidade lucense de Sarria despedía as Festas de San Xoán cun VibraXoán 2026 que convertía o Campo do Río “nun auténtico punto de encontro para a música e a festa”, aseguran dende o Concello, destacando que “máis de 4.000 persoas desfrutaron dunha noite inesquecible” da man dos valdeorreses Mrs. Fine que abrían o festival; The Rapants, o prato forte; e A Duendeneta que pechaba a noite, dando as grazas aos tres grupos por encher Sarria de música, enerxía e bo ambiente.
Fotos: Concello de Sarria.
