En portadaÚltima hora

Complicacións de tráfico no Barco neste 2 de xullo polo corte da avenida Conde Fenosa, por obras

 

Dende esta mañá está cortada ao tráfico a estrada xeral da vila á altura do número 8 da avenida Conde Fenosa, para levar a cabo unha obra provisional que permita o bombeo de auga que chega ao pozo da esquina de Santa Rita con Conde de Fenosa, para que chegue ao pozo da rúa Pescadores.

Con este motivo, a Policía Local ten despregado un dispositivo especial para organizar o tráfico e evitar problemas. Os accesos habilitados pola Policía Local, son

– Dirección Viloira: Pola rúa Eulogio Fernández (para autobuses e turismos)–  Dirección A Proba: Pola rúa Estación e rúa Ramón y Cajal(para autobuses e turismos; estos últimos tamén terán acceso polo Paseo do Malecón).

Ademais hai que lembrar que dende hai un mes os vehículos pesados teñen prohibido o paso. A travesía permanecerá pechada o tempo necesario para acometer as actuacións pertinentes, que dende o Concello confíase en que sexa o mínimo posible para asegurar un funcionamento adecuado.

Fotos: A.R.

 

Back to top button