Ten máis de corenta anos de historia, en concreto dende 1985 pero ven de reabrir con nova xerencia. Na tarde do mércores 1 de xullo, abrindo o mes de verán por excelencia, o Restaurante-Parrillada Torres, reabría ao público con nova xerencia, na rúa do Pereiro en Quiroga.
A fronte está a parella formada por Mónica Siso Torres e Pablo Díaz Ferreiro (residentes no Barco de Valdeorras) que se embarcan neste novo proxecto de restauración cunha ampla oferta gastronómica (churrasco, marisco, bacallau á grella, chuletón,…).

Fotos: O SIL.
