PolíticaÚltima hora

O BNG pedirá no pleno do Barco a recuperación das banda de música e gaitas que tiña o municipio

Imaxe dunha actuación da Banda de Música do Barco no 2019./ Foto de arquivo O SIL.

 

O BNG do Barco plantexará no pleno municipal deste xoves a necesidade de recuperar a banda de música e de gaitas que tivo anos atrás este concello, tendo en conta que se conta cun conservatorio e cunha escola de música. E así o pedirá a través dunha moción, na que sinalan que é “é unha mágoa non poder continuar con este labor tan importante. Temos, nos dous casos, ducias de instrumentistas -de todas as familias- con formación académica e unha brillante historia detrás. Só falta ese impulso definitivo que debe dar o Concello para de novo poder recuperar e así escoitar unha banda de música e unha de gaitas que leve o nome do Barco”.

Neste senso, o BNG pedirá o apoio da Corporación barquense para aprobar o seguinte acordo: “instar ao Goberno Municipal a implicarse activamente en recuperar a Banda de Música do Barco e a Banda de Gaitas do Barco, deseñando para tal fin un plan estratéxico integral que garanta a súa estabilidade e permanencia no tempo”.

Back to top button