ConcellosO BarcoÚltima hora

A praia fluvial do Malecón do Barco volve ser apta para o baño

Así o vén de confirmar o alcalde tras recibir a última hora desta tarde unha comunicación de Sanidade

 

Case un mes despois de que o Concello do Barco anunciase (o 9 de xuño) que quedaba prohibido o baño na praia fluvial do Malecón por mor dunha avaría no colector do río Cigüeño, as augas do río Sil neste punto xa volven estar aptas para o baño.

Comunicábao o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, na sesión plenaria de xullo que a Corporación municipal celebraba na tarde deste 2 de xullo, tras coñecer o resultado das analíticas realizadas pola Consellería de Sanidade. “Acabo de recibir unha mensaxe de Sanidade na que se nos informa de que as augas do río Sil están en condicións aptas”, indicando ademais que iso permitirá que as persoas que nesta fin de semana acodan ao SilFest poderán desfrutar do río.

 

Back to top button