
O alcalde de Parada de Sil vén de anunciar que dende hoxe a Necrópole altomedieval de San Vítor de Barxacova está máis cerca e resulta máis accesible.
Unha empresa privada puxo ó dispor do concello unhas gafas para ver a Necropole en 3D sen necesidades de desprazarse ata ela. “Poderá verse como se se estivera alí e ademáis recreanse escenas da vida dos monxes”, indica o rexedor, que agradece esa colaboración privada co público que redunda no benestar e na promoción de Parada de Sil. E, neste caso, dun xacemento altomedieval cun forno de fundición de campás musealizado in situ.
