Ás seis da tarde deste calurosísimo ventes 3 de xullo comezaba o programa do Mini SilFest Valdeorras 2026. Esa parte especialmente deseñada para despertar a curiosidade e a paixón poa música e as artes nos máis pequenos que comezaba cun taller de pintura e a actuación de Henriko.

O artista presentou á beira do Sil un espectáculo de malabares e humor cheo de ritmo e con base autobiográfica. A historia dun artista de circo que, tras cumprir os 40 anos, decide volver aos escenarios e retomar o espectáculo individual que tiña xunto ao seu irmán na súa mocidade (The Jazzgling Brothers). O artista está nervioso ao seu regreso, un pouco oxidado talvez. Aínda por encima, parece que a súa étilo e gustos musicais quedáronse algo desfasados. Pero este showman demostra que aínda está en boa forma realizando todo trucazos, facendo honra ao hashtag que decidiu como título do seu espectáculo, nun intento de adaptarse aos novos tempos. Todo isto acompañado dunha banda sonora de grandes clásicos (James Brown, Aretha Franklin, Blues Brothers…).

Un espectáculo con aire nostálxico, con chiscadelas á xeración dos nados na década dos 80, a última en crecer sen internet. Os últimos que pasaron a súa infancia xogando todo o día na rúa con topes, cordas, canicas, etc. Sempre con feridas nos xeonllos e xeonlleiras nos pantalóns. Unha xeración que agora teñen que adaptarse aos cambios dunha sociedade tecnolóxica que cambia a un ritmo vertixinoso. Con el Henriko arrincaba os primeiros aplausos da tarde dos nenos e dos non tan nenos.

Fotos: Mónica G. Bellver.
