CulturaCulturaÚltima hora

O XXXVIII Encontro Internacional de Poetas baixa o pano tralo recital de textos dunha trintena de autores

 

Na tarde deste calurosísimo sábado 4 de xullo celebrábase no Salón de Actos da Casa Grande de Viloira, no Barco de valdeorras, a segunda e última xornada do XXXVIII Encontro de Poetas que reunía na fin de semana a preto duha trintena de persoas chegadas dende diferentes partes de Galicia e tamén do Bierzo e outros países como Portugal ou Arxentina.

 

 

Nesta ocasión a diferencia doutras edicións con homenaxeados o venres e tamén o sábado, unicamente era unha a elixida, a ruesa Emma Fernández que era recoñecida ao inicio da primeira xornada, inaugurando así o encontro. Nesa xornada líanse os textos de 9 poetas, entre eles os da propia Emma, quedando para hoxe o resto, un total de 24, entre eles os dos organizadores da velada, Emilio Vega de Ponferrada e M. Carmen Gago orixinal do Barco e residente en Pontevedra, que abrían e pechaban o acto, respectivamente.

 

 

No apartado musical hoxe repetía a Rondalla Sones de Cúa de Cacabelos que xa actuara o ano pasado, rematando, como sempre, coa entrega de galardóns aos participantes e a cea de confraternización por xentilexa do Concello do Barco.

 

 

Á xornada de apertura do evento, organizado polo Instituto de Estudos Valdeorreses, asistía a deputada delegada especial para Valdeorras María Carmen González; e na da clausura, o representante da Axencia de Turismo en Ourense, Cecilio Santalices.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button