EconomíaEconomíaÚltima hora

Iberdrola achega as súas instalacións de Santo Estevo a alumnos da Escola Naval Militar de Marín

 

Alumnos da Escola Naval Militar de Marín, Pontevedra,visitaron esta mañá as instalacións da central hidroeléctrica de Santo Estevo I e Santo Estevo II, situadas en Nogueira de Ramuín, Ourense.

Con esta visita, os estudantes recibiron unha clase especial sobre o funcionamento técnico de lacentral, ademais de coñecer as operacións de mantemento, seguridade e organización do traballo. A finalidade é promover e dar a coñecer a actividade da compañía a futuros profesionais do sector.

 

 

Ademais, a visita permitiu aos alumnos ampliar a súa visión sobre o importante papel que desempeñan este tipo de instalacións e a súa contribución á produción de enerxía autóctona, limpa e renovable.

Os estudantes estiveron acompañados por dous 2 profesores da escola e por Miguel Ángel López, responsable da Conca Sil-Támega de Iberdrola en Galicia, quen lles explicou o funcionamento dos distintos equipos, servizos auxiliares, control, proteccións e transformadores, alén de todos aqueles aspectos relacionados co mantemento e o medioambiente.

 

Back to top button