OurenseÚltima hora

O XIX Concurso fotográfico Rosa Pons de Parada de Sil xa ten ganadores

Tema Libre. “Alcanzando el Destino” de Antonio Farto Casado.

 

De distintos puntos de España eran os 132 participantes do XIX Concurso fotográfico Rosa Pons de Parada de Sil, dos cales 65 foron de tema libre, unha das modalidades e 67 na outra de tema libre. Esta é a primeira edición do certame que se convoca tras o falecemento do seu patrocinador, Camilo Yáñez Pons, pero que o “Concello decide seguir adiante con el, agradecendo os dezaoito anos do seu patrocinio. Neste concurso participa activamente a Asociación cultural Ouro do Sil, e nomeadamente o seu presidente, Xosé Antón Vázquez”, sinala o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradecendo o seu labor.

Na modalidade de “Visións de Parada de Sil” obtivo o primeiro premio Carlos Fernández Corvera de Asturias que recibirá 800 euros coa sua foto Postal, quedando en segundo lugar Raquel Ortigosa Martínez de Logroño coa fotografía Silencio.

 

Visóns de Parada de Sil. Foto “Postal” de Carlos Fernández Corvera,

 

En canto ao “Tema Libre” o gañador foi o veciño de Allariz Plácido López Rodríguez coa fotografía Fotobiografía dun suxeito que recibirá o premio dotado con 700 euros quedando en segundo lugar o madrileño Antonio Farto Casado coa fotografía Alcanzando el Destino, premiado con 200 euros.

 

Visións de Parada de Sil. Foto “Silencio” de Raquel Ortigosa.

 

O alcalde anima á participación no vindeiro concurso que confía en que que se celebrará coa Ribeira Sacra declarada Patrimonio Mundial da Humanidade, “agradecendo publicamente ao xurado o seu labor desinteresado na promoción do concello”. Ademais anuncia que dende maña estarán expostas as mellores fotografías no salón de plenos do Concello e que poden visitarse en horario de oficina.

 

Tema libre. “Fotobiografía…” de Plácido López.
Back to top button