
Este mediodía tiña lugar no exterior do Concello de Viana do Bolo unha concentración e un minuto de silencio en solidariedade ante “a magnitude da traxedia acaecida esta madrugada na localidade almeriense de Los Gallardos”, que se cobrou a vida dunha ducia de persoas, ademais de haber uns 19 desaparecidos e varios feridos.
Neste senso, o Concello de Viana do Bolo sumábase á convocatoria realizada pola FEMP e a Fegamp como mostra “de apoio a respecto ás vítimas e en solidariedade coas persoas afectadas”.
