EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XIX Feira do Viño de Monterrei está cada vez máis cerca

 

Do 7 ao 9 de agosto, Verín volverá converterse no punto de encontro para os amantes do viño, reunindo durante 3 xornadas a visitantes chegados de Galicia e Portugal.

Os viños das adegas amparadas baixo o selo de calidade da Denominación de Orixe Monterrei serán os grandes protagonistas dunha cita xa consolidada como unha das grandes referencias enogastronómicas de Galicia, acompañada dunha programación cultural complementaria que se irá descubrindo nas próximas semanas.

Esta cita enogastronómica converteuse nos últimos anos nun evento referente en Galicia, rexistrando un incremento salientable, tanto na afluencia de público como no número de degustacións servidas, resultados que reflicten o interese polos viños da Denominación de Orixe Monterrei e que afianzan esta cita como un dos principais escaparates para a promoción do territorio e dos seus viños.
.

Back to top button