A RúaConcellosÚltima hora

A misa na honra de San Cristóbal coa posterior bencidión de coches, abren o CarnaVrao 2026 na Rúa

A partir das 22.30 horas comezará a cea popular na rúa Doutor Vila

 

Coincidindo co día de San Cristóbal, patrón dos condutores, arranca neste vernes 10 de xullo o CarnaVrao 2026, na Rúa. E facíao precisamente coa misa na igrexa de Fontei na honra ao santo que dá nome á asociación cultural que organiza os eventos.

Tras a eucaristía, arredor das 20:25 horas o párroco Daniel Pérez procedía á bendición dos coches presentes no adro, pedindo ao santo protección na estrada para os condutores.

 

 

E mirando ao ceo que amenaza tormenta, xusto cando remate o partido de cuartos do mundial de fútbol entre España e Bélxica, comezará a cea popular que cada ano xunta a centos de persoas ao longo da rúa Doutor Vila con música ambiente da charanga NBA e colofón final a cargo de Pepe Rivas e Los Robinson con versións de pop rock nacional e internacional a cargo do Concello da Rúa.

O broche a esta edición do CarnaVrao, a festa coa que A Rúa abre a programación estival, poráo mañá o desfile de comparsas pola vila.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button