Logo dun tempo pechado, o Bar Venus, situado na rúa Eloy Mira do Barco de Valdeorras, volve estar aberto e con nova xerencia.

Con Diego Gonzalo Almendros á fronte, o mítico establecemento hostaleiro barquense reabría as portas ao público na tarde do venres 10 de xullo, coincidindo co partido do mundial de fútbol España-Bélxica, convidando á xente á coñecelos e desfrutar do partido, bebidas frías e bo ambiente.

Fotos: O SIL.
