ConcellosO BoloÚltima hora

Falece unha persoa nun choque frontal entre un coche e unha furgoneta na OU-533, no Bolo

 

Rozando ás 16h. desta tarde de 14 de xullo tiña lugar un grave accidente de tráfico na OU-533 (A Rúa-A Gudiña), en concreto no km 39.5, ao seu paso por Lentellais, no termo municipal do Bolo. Producíase unha colisión frontal entre un turismo e unha furgoneta.

Como consecuencia do accidente, resultaba falecido o condutor do coche, que tivo que ser excarcerado, e o seu compañante saía ileso. En canto aos ocupantes da furgoneta (2 adultos e 2 menores), quedaban feridos leves, segundo informa a Garda Civil de Tráfico.

 

 

Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar, ademais de varias ambulancias. Tamén acudiron a Garda Civil de Tráfico e equipos de investigación como o EIS Ourense; o GES da Veiga, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo e os Bombeiros de Valdeorras.

“Unha vez no punto, os servizos de emerxencias liberaron ao condutor do turismo, aínda que nada se puido facer por evitar o seu falecemento”, segundo o 112 Galicia.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button