EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Vinos Barco dedica o Acio de Ouro logrado na Cata de Galicia ao “corazón da adega: os viticultores”

Menciño Summum recollía á distinción ao mellor tinto de Valdeorras da man de AGACAL

 

Menciño Summum vén de ser recoñecido co Acio de Ouro ao Mellor Viño Tinto da Denominación de Orixe  Valdeorras nas Catas de Galicia 2026, organizadas pola Xunt de Galicia. Trátase dun recoñecemento que a Cooperativa Jesús Nazareno-Vinos Barco quere dedicar a todas as persoas que coidan o viñedo: os seus viticultores.

Para a adega, este galardón supón “moito máis que un premio a un viño. É o recoñecemento a décadas de traballo e compromiso das familias que cultivan as viñas das que nace Menciño Summun e que, xeración tras xeración, contribuíron a preservar a paisaxe vitícola de Valdeorras”.

Así mesmo, desde Vinos Barco destacan que “detrás de cada botella hai moitas mans. Este premio
ten nome e apelidos. Pertence aos nosos viticultores, que coidan a viña durante todo o ano e que son o verdadeiro patrimonio da nosa adega”.

Segundo o Consello Reitor da adega, “sen eles, este recoñecemento non existiría”. Menciño Summum representa a aposta de Viños Barco por elaborar viños que “expresen a identidade de Valdeorras e o valor dun territorio construído grazas ao traballo de quen cultiva os seus viñedos. Un proxecto que entende a calidade como o resultado dunha relación estreita entre a terra e o coñecemento acumulado durante xeracións”.

Con este Acio de Ouro, “Agacal recoñece a excelencia de Menciño Summum como o mellor viño tinto da Denominación de Orixe Valdeorras”. Para Vinos Barco, con todo, o verdadeiro premio pertence a quen fai posible cada colleita: “os viticultores que manteñen vivo un das paisaxes vitivinícolas máis singulares de Galicia”.

Back to top button