
Mercedes Gestal Roquete festexaba o 17 de xullo os seus 104 anos na Residenciad e Maiores de Viana do Bolo. Na celebración non faltaban os agasallos, ademais de felicitacións. Entre elas a do Concello de Viana do Bolo que agasallaba a esta veciña cun ramo de flores e cunha tarta. “Quedamos citados para volver o ano que vén”, di alcalde de Viana, Germán García-Ávila.
Fotos: Concello de Viana do Bolo.

