ConcellosO BarcoÚltima hora

Peche parcial de horario da piscina climatizada do Barco o 23 de xullo

Foto: Mónica G. Bellver.

 

As instalacións da piscina climatizada do Barco permanecerán parcialmente pechadas o vindeiro xoves día 23 de xullo, segundo vén de informar o Concello do Barco, con motivo do desenvolvemento das probas de natación das oposicións a bombeiro, organizadas polo Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense, destinadas a cubrir as prazas vacantes nos parques de bombeiros da provincia.

Os horarios nos que a veciñanza poderá facer uso e desfrute da piscina climatizada son os seguintes:

  • Ximnasio: aberto de 7 a 11 horas.
  • Piscina climatizada: aberta de 7 a 14 horas.

Máis información: https://www.aquativos.com/informacion-ampliada.php?idNoti=40&s=Gimnasio+y+piscina+cerrados+el+23+de+julio+2026

Back to top button