Seguindo o programa do ciclo De Perto deste 2026 que está a piques de rematar, na tardiña do martes 28 de xullo a artista galega Vero Rilo achegábase ata os xardíns da Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras, para prestentar o seu espectáculo Lavandeiras.

Acompañada por Santi Cribeiro no ao acordeón, e tras a presentación por parte da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, Vero Rilo ofreceu un emotivo espectáculo pasando de camiño polo folclore, polo humor, polas historias reais e polo cancioneiro popular.
Porque Lavandeiras é unha proposta onde a narración oral se mestura coa música ao vivo e mesmo o teatro para “devolver ás donas dos ríos o recoñecemento que poucas veces tiveron”, sendo moito o que rodea á súa figura. Con todo, Vero Rilo decidía centrarse na “consideración histórica e social da muller” coa finalidade de poñer en valor a súa figura como “fundamental sostén económico non só na casa, senón tamén no traballo profesional, non recoñecido que tantas xeracións de galegas fan e fixeron ao longo da historia”.
Fotos e vídeo cedidos.