
A localidade vilamartinesa de Córgomo celebra hoxe o día grande das festas patronais adicadas a Santa Marta, cos cultos na honra da santa harmonizados polo coro parroquial.

Hoxe o apartado musical corre por conta charanga Terras de Bibei pola mañá e da orquestra Gran Parada, encargada de amenizar tanto a sesión vespertina como a gran verbena. No descanso, como veñen facendo dende a súa creación, o CD Córgomo Vilamartín presentarán o equipo para esta tempada.
A festa continuará mañá, xoves 30 de xullo, coa programación nocturna ao ritmo da charanga Terras do Bibei, dando paso a un gran peche de festas cunha enérxica verbena con DJ’s, encabezada polas actuacións de Panther e DJ Jorge Rodríguez.
Fotos e vídeo cedidos.