En portadaÚltima horaVídeos

A Rúa abre as festas de verán por todo o alto, ao ritmo da orquestra La Misión

 

Volvíao facer. Por terceiro ano consecutivo a orquestra La Misión cumpría as expectativas, abrindo por todo o alto as festas de verán na Rúa. Preto xa da once da noite do venres 31 de xullo despregaba novamente todo o seu potencial no abarrotado Aguillón rués conquistando unha vez máis ao público co seu espectáculo de son, luz e acrobacias, a súa simpatía e calidade artística.

 

 

Chegados dende Madrid, prometían o escenario máis grande de España e un dos mellores espectáculos e non defraudaron. Unha vintena de artistas entre acróbatas, cantantes e músicos, pantallas led, robots, láser e pirotecnia, así como un espectacular escenario, fixeron as delicias do público.

 

 

Xente de todas as idades, con moita mocidade, que se rendeu unha vez máis ante a espectacularidade da orquestra, bailando, cantando e brincando durante as tres horas que durou a actuación. Voces impresionantes interpretando temas de todos os estilos, potentes coreografías e ata unha “Kiss Cam” que enfocou ao público logrando que se bicaron en directo. O relevo, xa de madrugada collíao La Gramola Discomóbil.

A festa na Rúa continúa hoxe con torneo de petanca, pasarrúas pola vila da charanga Unión Phenosa; e xa no Aguillón pola noite, a orquestra New York e o grupo Claxxon.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button