CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O canto e a percusión de Carmela poñen o broche ao Ciclo De Perto 2026 no Barco

 

Cun repertorio baseado na música de tradición oral galega, a través do canto e a percusión de man como elementos definitorios, Carmela poñía o broche a esta edición do Ciclo De Perto, organizado pola Concellería de Cultura do Barco de Valdeorras.

 

 

Era a propia concelleira, Margarida Pizcueta, que presentaba ao trío feminino que na noite do venres 31 de xullo actuaba na praia fluvial do Malecón, presentando o seu traballo Vinde Todas, que reflexiona sobre a necesidade de visibilización das informantes a través da propia música e outros concepctos que a abrazan. Nel tamén mesturan o arranxo e a interpretación musical coa investigación e análise etnomusicolóxica, escollendo timbres e hamonías a través da comprensión dos usos e funcións primixéneos das melodías.

Un espectáculo acaído para unha noite cálida pero non abafante, á beira do río Sil.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button