Xa levan un tempo avisando de que teñen moito que ofrecer sobre o escenario, concerténdose xa na banda revelación de AMAVA neste verán.
O novísimo grupo KZ Angels despregaban na tarde do venres 31 de xullo todo o seu potencial sobre o escenario do Oule-Go! o festival celebrado na localidade de Oulego (no concello de Rubiá) que reunía diferentes bandas, varias membros da Asociación de Música Alternativa de Valdeorras como a propia KZ Angels, The Black Wings ou Fendetestas. Tamén formaban parte do cartel do venres Rosa Caiman, Los Bluffs e Dj Repunante.
O sábado pola mañá era a quenda do barquense Sr. Jingles que daba un concerto acústico.
Ampliarase información e galería fotográfica do festival.
Fotos e vídeos cedidos