Constitúe un reencontro anual especialmente ilusionante, no que os participantes lembran a súa mocidade e a etapa de formación que compartían, décadas atrás, no Santuario das Ermidas (O Bolo). O 4 de agosto os antigos alumnos das Ermidas volvían xuntarse neste espazo, que comezaba cunha misa oficiada por dous sacerdotes, un rues e outro venezolano, no templo.
Despois tiña lugar unha asemblea, na que se acordaba fixar que este encontro, no que desta volta se contaba cunha vintena de persoas, se celebrará a partir de agora sempre o primeiro martes de agosto, e logo compartían un xantar que, como no pasado ano, se desenvolvía na Granxa Escola A Capilla de Lentallais (O Bolo).
Esta xuntanza, que unicamente se vá interrompida por mor da pandemia, está organizada pola Asociación de Antigos Alumnos das Ermitas, que preside José Vega, que é ademais guía custodio do santuario, e cuxo secretario permanente é Suso Prieto.
Fotos cedidas.