ConcellosÚltima horaVilamartín

Os membros da chamada “Xunta” de Vilamartín réndenlle homenaxe a Enrique Álvarez nun xantar

 

Os membros da denominada “Xunta” de Vilamartín, cuxo “domicilio social” é o Café Bar Santos, rendíanlle neste 6 de agosto unha homenaxe ao que ata hai un par de meses era alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro. No encontro todos vestían camisetas cunha mesma fotografía de grupo seguida do texto “Homenaxe dos teus amigos da Xunta”.

Despedíano do cargo compartindo e dando boa conta, da empanada de xabarín, e cabrito, con sobremesa de tarta, café e chupitos. Deste xeito desexábanlle “sorte e éxito nesta nova etapa da súa vida. E, agora, como membro que é desta Xunta, agora terá máis tempo para asistir ás reunións, pois case sempre o seu prato quedaba baleiro polos seus compromisos como alcalde”, explican os seus compañeiros deste grupo veciñal.

Fotos cedidas.

 

Back to top button