É unha aposta segura nas Festas do Verán de Quiroga. Un ano máis a orquestra Panorama despregaba na noite do 10 de agosto todo seu espectáculo no aparcamento do CEIP da vila, cheo ata a bandeira, facendo vibrar ao público.

Deste xeito completábase unha intensa xornada festiva do 10 de agosto en Quiroga, que se iniciaba coa XXXV Mostra do Mel, con actuacións do grupo local de gaitas O Recanto e de Jorge Ferre na sesión vermú. E coa música da Panorama tamén se pechaba esta edición das festas.
Fotos: RTM Quiroga.
