
O punto galego que está máis preto do ceo: Pena Trevinca, con 2.127 m. Este era o lugar que escollían un grupo dunhas corenta persoas para contemplar un fenómeno excepcional: a eclipse de sol total deste 12 de agosto. Chegaban dende zonas como A Veiga, Casaio (Carballeda de Valdeorras) e Sanabria (na provincia de Zamora) para compartir dende este pico o espectáculo astronómico do século.
Fotos e vídeo cedidos.
