A veciñanza do barrio de San Roque no Barco rendía tributo neste 16 de agosto ao santo que lle dá nome. A súa imaxe saía en procesión dende a capela a partir das 12h. Dende aí facía o percorrido habitual, cruzando pola avenida Manuel Quiroga, seguindo pola rúa San Roque para, deseguido, pasar pola praza das Airas e regresar novamente a Manuel Quiroga, volvendo ás Casas Baratas.
Durante o percorrido soaba a música tradicional dos Gaiteiros do Alén, que acompañaban ao santo que, como de costume, portaba un acio de uvas brancas. Dende aí voltábase á capela, onde se celebraba a misa, oficiada polo sacerdote Jesús Álvarez.
Deste xeito retómase esta celebración, que se vía interrompida o pasado ano por mor da grave vaga de incendios forestais que afectaba a Valdeorras.
Durante o percorrido o tráfico estivo regulado pola Policía Local.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.


