En portadaÚltima horaVídeos

Sábado noite na Baco Festa da Rúa con moito viño, comida e o espectáculo folk do Bruxo Queiman

 

Continúa a edición deste 2026 da Baco Festa, a celebración que mestura historia, gastronomía, viño, artesanía e grandes doses de música e cultura no Aguillón, a carón do Encoro de San Martiño, na Rúa.

 

 

Na noite do sábado 15 de agosto e numeroso o público que se achegaba ata o recinto feiral para degustar os viños das once adegas participantes nesta edición (A Coroa, Cova da Xabreira, Alán de Val D’Berna, Roandi, Aristegui, Joaquín Rebolledo, Quinta da Peza, Melillas, Sampayolo e Bodeguilla do Retorno), mercar algún produto artesán, cear ou simplemente conversar e xa contra as once, asistir ao espectáculo folk do Bruxo Queiman con lume, música e moito baile especialmente pensado para a ocasión. E como broche da noite, repetían Picoco-s Band que xa actuaran a noite anterior, conquistando novamente ao público rués.

 

 

A festa remata hoxe, domingo 16 de agosto, e tócalle o turno a Strand, o violinista rebelde, Jorge Guillén.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button