
Este venres 21 de agosto comezan as festas na honra de San Roque, na Rúa Vella, co IV edición do concurso Got Talent e a discomóvil local “A Pimentoneta”, pero será o sábado cando se abra o apartado musical, cunha dobre actuación de grupos valdeorreses, no campo de San Roque.
Cara as 21: 30 horas subirase ao escenario El Patio de Leni, grupo de versioóns de pop-rock español dos anos 80, 90 e 2000, afincado no Barco de Valdeorras e un dos membros máis activos de AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras). Composto por seis integrantes de diferentes traxectorias e nacionalidades (saxo, guitarra española e eléctica, batería, baixo e voz) levan un verán moi movido con actuacións en numerosas festas e outro tipo de eventos de aforo máis reducido. Na Rúa Vella animarán a noite do sábado como só eles saben facer.

E xa de madrugada, poñendo son e ritmo á verbena estará outra banda valdeorresa, Tentempié, creada a comezos de 2025 que ofrece música tipo cover band con toque rock, interpretando versións de todos os tempos, nacionais e internacionais. Está formado por José Antonio “Cana” (voz); Emma (voz); David Trincado (guitarra); Javi (piano, guitarra e apoio en voz); Óscar Pérez (baixo); e José Francisco “Paquito” (ritmo e batería).
Ambas agrupacións ían actuar nas festas o ano pasado, pero finalmente non o fixeron porque a organización, a Asociación Sabugueiro, decidía suspendelas ante a catástrofe do lume que arrasou Valdeorras en agosto de 2025.