
Continúa o ciclo V Nove, que desta volta fai a súa segunda parada. Esta vez a cita será neste 19 de agosto no concello da Rúa, no adro da Igrexa de Santo Estevo cunha sesión de cine ao aire libre con entrada libre e gratuita. A película proxectada será a exitosa produción galega “+Cuñados” ás 22:00h.
Esta segunda parada na Rúa, forma parte do Ciclo V Nove, patrocinado por Turismo de Galicia.