En portadaÚltima hora

A exportación de lousa chega ás 187.435,9 toneladas por valor de 175.076.725,4€ no primeiro semestre deste ano

Foto: A.R.

 

Entre xaneiro e xuño deste ano 2026 exportábanse 187.435,9 toneladas de lousa cunha facturación de 175.076.725,4 euros, tal e como vén de facer público o Clúster da Pizarra de Galicia. Datos que en cantidade supoñen un 3,2% menos que nese mesmo período do 2025, se ben en facturación mantense practicamente igual, cunha variación de un 0,1.

Francia continúa sendo o principal destino deste pedra natural e ademais experimenta un incremento con respecto ao primeiro semestre de 2025. Así o país galo importaba 95.693,5 toneladas, o que supón un 4,1%, por valor de 86.213.042,9 euros (un 9,2% máis). Despois sitúanse Gran Bretaña e Alemaña, que baixan lixeiramente. Así ao mercado inglés dirixíanse 42,468,9 toneladas  (un 13,4% menos) por importe de 40.423.955,8 euros (un 11,7% menos), mentres que Alemaña adquiría 17.915,5 toneladas (un 17,3% menos) por 16.518.955,4 euros (un 17,2% menos).

Xa a máis distancia sitúanse as exportacións a Bélxica e aos Estados Unidos, que presentan un incremento, con 9.082,1 toneladas e 11.817.961,1 euros (un 14,9% máis) e 7.619,4 toneladas e 6.828.693,6 euros (un 31,6%), respectivamente.

Back to top button