
O concerto de Son Galaico na Praia dos Franceses (A Veiga), previsto inicialmente para o luns 24 de agosto, pasará a celebrarse o luns 7 de setembro ás 20:00 h, mantendo o horario previsto. A organización de V Nove, de cuxo programa forma parte a actuación, vén de comunicar esta modificación e explica que tomou a decisión pola previsión meteorolóxica adversa e pola natureza do escenario, un areal fluvial ao aire libre.
Son Galaico é un dos proxectos máis singulares da música galega actual: un dúo que cruza a gaita e a guitarra con linguaxes contemporáneas e que leva o repertorio tradicional a un terreo propio.
O concerto mantense como cita de entrada libre ata completar aforo.
Resto da programación
O itinerario continúa ata o 25 de outubro cos seguintes destinos e datas. Os contidos das tres últimas citas anunciaranse proximamente.
26 de agosto · Cine ao aire libre
22:00 h · Praza da Igrexa de Nosa Señora de Fátima, A Rúa · entrada libre
2 de setembro · Cine ao aire libre
22:00 h · Praza do Concello, A Rúa · entrada libre
6 de setembro · Narración oral con Avelino González Ponte da Cigarrosa, Petín · entrada libre
7 de setembro · Concerto de Son Galaico
20:00 h · Praia dos Franceses, A Veiga · entrada libre
20 de setembro · Concerto de Maricarme Castelo de O Bolo · entrada libre
26 de setembro · Comedia no cumio, con Carlos Blanco, David Amor e Leti da Taberna
19:00 h · Pizarras Tres Cuñados, Casaio (Carballeda de Valdeorras) · entrada de pago, con modalidade que inclúe autobús.
“Comedia no cumio”
Outra cita do programa de V Nove será o sábado 26 de setembro · 19:00 h · Pizarras Tres Cuñados, Casaio (Carballeda de Valdeorras). Tres dos nomes máis recoñecibles do humor galego —Carlos Blanco, David Amor e Leti da Taberna— xúntanse nun escenario a máis de mil metros de altitude, nas instalacións de Pizarras Tres Cuñados, en Casaio.
As entradas sairán á venda o mércores 26 de agosto en Ton y Son e en Ataquilla.com, en dúas modalidades: a entrada xeral e unha entrada especial que inclúe o transporte en autobús habilitado pola organización.