ConcellosO BarcoÚltima hora

A directora xeral de Promoción de Igualdade visita o campamento de verán de Río

 

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitaba esta mañá un dos campamentos organizados polo Concello de San Xoán do Río para facilitar a conciliación familiar. Esta actividade enmárcase no programa Río Concilia, a través do Plan Corresponsables.

Eloína Ingerto estivo acompañada polo alcalde da localidade, Xosé Miguel Pérez, quen a recibiu na Casa do Concello. Durante a súa visita, a directora xeral destacou a importancia da colaboración entre as diferentes administracións para levar a cabo iniciativas que favorezan a compatibilidade da vida familiar e laboral, como os campamentos de verano, os programas de madrugadores ou as actividades culturais.

Os proxectos do Plan Corresponsables son, incidiu Eloína Ingerto, unha mostra máis do compromiso do Goberno galego co benestar das familias e coa igualdade. Neste sentido, dixo que a Xunta destina este ano un total de 7,4 millóns de euros ao desenvolvemento de iniciativas de conciliación en toda Galicia no marco deste plan, que está cofinanciado polo Ministerio de Igualdade.

 

Back to top button