A RúaConcellosÚltima hora

José Vicente Solarat presenta a súa renuncia como concelleiro na Rúa

 

Novidades no Concello da Rúa. O concelleiro do equipo de Goberno, José Vicente Solarat López, vén de presentar a súa renuncia que será efectiva a partir do vindeiro pleno, previsiblemente o ordinario, o vindeiro 7 de setembro.

“Non creo que haxa ningún anterior”, di o propio Solarat, asegurando que deixa o cargo por problemas personais. “Son 44 anos de servizo con 70 que teño é o momento, porque veño dunha etapa complicada atendendo á miña nai, ao meu tío,… e rematado o verán e tendo en conta que o Goberno se disolve en abril, decidín facelo”, di, recalcando que non hai nada raro e que se trata “dun tema de saúde”.

Así pois exercerá como concelleiro ata o día do pleno e despois “como quedan cousas para o ano que vén, colaborarei de forma voluntaria pero nada máis”, conclúe.

 

Back to top button