
Despois de que se dera a coñecer que o cabeza de lista do PP ás eleccións municipais en Trives será Aarón Álvarez, quen fora tenente de alcaldesa baixo as siglas socialistas, dende o PSdeG-PSOE neste municipio vén de emitirseun comunicado ao respecto. Os socialistas comezan indicando que non teñen “nada que obxectar ao feito de que cada formacion poltica presente os seus candidatos como considere oportuno”, se ben matizan que “chama a atencion que, tratándose dunha candidatura para Trives, a presentación non se fixese ante a xente de Trives”.
No comunicado do PSdeG-PSOE tamén se di que a saída de Álvarez do partido “non se produciu porque decidise voluntariamente abandonar o proxecto por razóns políticas. Foi o Goberno municipal quen lle esixiu que deixase as suas responsabilidades ante os graves incumprimentos. Desde o PSOE de Trives considerase especialmente importante deixar isto claro porque non caben agora relatos alternativos sobre o que aconteceu”.
Así mesmo, explican que “naquel momento, os socialistas decidiron non facer pública esa situacion nin convertela nun espectáculo político. Fixémolo por responsabilidade e por respecto a Trives e á institución. Porén, agora o Partido Popular pretende presentar aquela saída como se fose simplemente unha ruptura política e, ao mesmo tempo, utiliza a etapa de Aarón Álvarez no Goberno socialista como curriculo para optar a alcaldía”. Os socialistas tamén lanzan unha pregunta sobre cando comezaron “exactamente as conversas entre Álvarez e o PP”.
Nese senso, PSOE de Trives considera que “a vecinñanza ten dereito a coñecer que as cousas non sucederon exactamente como agora se pretende contar”.