En portadaÚltima hora

O Teatro Lauro Olmo do Barco estrea novas butacas

 

Vén de concluír o cambio das 266 butacas do Teatro Lauro Olmo do Barco, tal e como informa o Concello. Segundo explica a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, ditas butacas foron “elixidas de maneira moi específica para seguir dispoñendo do mesmo aforo” no teatro, pero “gañar en comodidade, posto que, preservando a estética anterior, son moito máis ergonómicas”. De feito, asegurou que “a simple vista, parece que non se fixo nada, pero cando te sentas, é cando o notas”.

As novas butacas, que locen o escudo do Concello no final de cada fila, estarán numeradas e listas a tempo de ser usadas ás portas do comezo das festas patronais do Cristo, e do novo curso escolar.

A renovación das butacas, xunto cos labores de pulido e abrillantamento do solo do Teatro supuxeron un investimento duns 70.000 euros.

Fotos cedidas.

 

Back to top button