CulturaCulturaÚltima hora

35ª Semana de Cine do Barco, do 31 de agosto ao 7 de setembro, coa proxección de nove filmes e un documental

 

A 35ª Semana de Cine, organizada polo Cine Club Groucho Marx co apoio do Concello do Barco, desenvolverase do 31 de agosto ao 7 de setembro no Teatro Lauro Olmo. Un período no que se proxectarán un total de nove películas, sete delas de cine de actualidade: Eu non morrerei de amor, de Marta Matute; Un poeta, de Simón Mesa Soto; O último vikingo, de Anders Thomas Jensen; A illa de Amrum, de Fatih Akin; Pioneiras. Só querían xogar, de Marta Díaz de Lope Díaz; Viaxe ao pais dos brancos, de Dani Sancho; e Incontrolable, de Kirk Jones.

Ademais, o programa inclúe a proxección de dúas películas de cine infantil, Toy Story 5, de Andrew Stanton; e Jumbo, de Ryan Adriandhy; e o documental de Antón García Gonçalves, Saúde.

 

 

Así o explicaba o director do Cine Club Groucho Marx, José María Rodríguez, na presentación que tiña lugar na mañá deste venres 28 de agosto no Teatro Lauro Olmo que estrea butacas novas. Acompañado pola concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta; e polo director de cine e amigo, Rodrigo Marini, José María avanzou que este ano a Butaca de Honra será para Alfredo García, anterior rexedor da vila. “non por esta labor, senón pola que fixo cando foi concelleiro de Cultura”, dixo, explicando que “Alfredo tomou a decisión de que se construira a Casa da Cultura e de poñer nela unha máquina de cine”, xesto que, asegura, “fixo que hoxe poidamos seguir gozando da sétima arte no Barco”.

De forma paralela, durante a 35ª edición da Semana de Cine o Teatro Lauro Olmo acollerá a exposición “O cartel do cine está a punto de morrer (D.E.P.)”.

 

 

Fotos cedidas.

 

Back to top button