O adro da igrexa de San Miguel de Xagoaza (O Barco) acollía na noitiña do 28 de agosto o espectáculo “Os sons olvidados” do músico Abraham Cupeiro, que dende hai anos está mergullado na recuperación de antigos instrumentos de vento desaparecidos. Numerosas persoas asistían a esta actuación, na que desfrutaban de principio a fin, descubrindo antergas sonoridades, recuperadas agora en melodías.


Nel Cupeiro estaba acompañado por unha acordeonista e un violinista. Este concerto pon o broche ao VII Terrasón no Barco, promovido polo Concello e que se incluía dentro do programa “Concertos do Xacobeo” de Turismo de Galicia.
Fotos cedidas.

